TREGUA OLÍMPICA!!
A tregua olímpica ou paz olímpica era unha antiga tradición grega (s VIII a. C.) pola que todos os conflitos e guerras cesaban temporalmente para que deportistas, artistas e familiares puidesen desprazarse á cidade olímpica e participar nos xogos en paz. A cidade de Olimpia era territorio neutral, e esta tradición era un dos piares fundamentais dos xogos olímpicos na Antigüidade, que axudou a conseguir os acordos de paz máis duradeiros da historia.
Inspirados na tregua olímpica convocamos un
CONCURSO DE REDACCIÓN
Dirixido a: Alumnado de 4º, 5º e 6º de Primaria
Tema: Os concursantes desenvolverán unha narración na que o tema fundamental sexa a tregua olímpica e /ou os valores olímpicos, é dicir, RESPECTO, AMIZADE E EXCELENCIA.
Características:
Idioma: galego ou castelán
Extensión: mínimo 20 liñas. Máximo, o que se queira
Presentación: en papel tamaño folio escrito a man. Poden decorarse con ilustracións.
Linguaxe: a narración pode ter forma de conto ou poesía.
Datas: Recibiranse orixinais das narracións ata o día 27 de xaneiro, luns. Deben entregarse na Biblioteca ás profesoras encargadas nos recreos (Rosa ou Mónica).
Premios: O fallo do xurado publicarase o día 31 no acto do Día da Paz. O xurado, formado por dous profesores e dous axudantes de biblioteca elixidos a chou, elixirá tres narracións valorando:
- Orixinalidade da historia
- Relación cos valores olímpicos
- Presentación e coidado da narración
As narracións premiadas leranse en público e recibirán tres agasallos por parte do equipo da Biblioteca Escolar. Os premios consistirán en tres lotes sorpresa compostos por varios obxectos entre os que se entregarán un telescopio, un microscopio e un xogo de walkie talkies.