Tregua Olímpica

TREGUA  OLÍMPICA!!

A tregua olímpica ou paz olímpica era unha antiga tradición grega (s VIII a. C.) pola que todos os conflitos e guerras cesaban temporalmente para que deportistas, artistas e familiares puidesen desprazarse á cidade olímpica e participar nos xogos en paz. A cidade de Olimpia era territorio neutral, e esta tradición era un dos piares fundamentais dos xogos olímpicos na Antigüidade, que axudou a conseguir os acordos de paz máis duradeiros da historia.

Inspirados na tregua olímpica convocamos un

 CONCURSO DE REDACCIÓN

Dirixido a:    Alumnado de 4º, 5º e 6º de Primaria

Tema:    Os concursantes desenvolverán unha narración na que o tema fundamental sexa a tregua olímpica e /ou os valores olímpicos, é dicir, RESPECTO, AMIZADE E EXCELENCIA.

Características:

Idioma: galego ou castelán

Extensión: mínimo 20 liñas. Máximo, o que se queira

Presentación: en papel tamaño folio escrito a man. Poden decorarse con ilustracións.

Linguaxe: a narración pode ter forma de conto ou poesía.

Datas:     Recibiranse orixinais das narracións ata o día 27 de xaneiro, luns. Deben entregarse na Biblioteca ás profesoras encargadas nos recreos (Rosa ou Mónica).

Premios:   O fallo do xurado publicarase o día 31 no acto do Día da Paz. O xurado, formado por dous profesores e dous axudantes de biblioteca elixidos a chou, elixirá tres narracións valorando:

  • Orixinalidade da historia
  • Relación cos valores olímpicos
  • Presentación e coidado da narración

As narracións premiadas leranse en público e recibirán tres agasallos por parte do equipo da Biblioteca Escolar. Os premios consistirán en tres lotes sorpresa compostos por varios obxectos  entre os que se entregarán un telescopio, un microscopio e un xogo de walkie talkies.

 

Deixa unha resposta

© 2020 Todos os dereitos reservados
Creado por CEIP Escultor Acuña