O alumnado de 4º ten dentro do seu itinerario lector o último libro publicado por Antonio Manuel Fraga, Papá caníbal. Por este motivo pudemos celebrar un encontro con el o pasado venres. O alumnado gozou coas súas historias, puderon facerlle unha chea de preguntas e que lles asinara os seus libros.
Momentos así achegan ao noso alumnado aos autores das historias que teñen nas súas mans, oportunidades para gozar do proceso creativo.
Moitas grazas.





