Biblioteca Creativa

O programa de Biblioteca Creativa, ó que nos incorporamos este curso, pretende apoiar a cultura da experimentación, da investigación, da robótica e da programación no espazo das bibliotecas escolares.

Cos robots que nos ofreceu o proxecto estamos a por en marcha durante os recreos pequenas propostas para achegar ao alumnado ó coñecemento deste novo recurso.

Tamén estamos a experimentar no “Recuncho Maker con diferentes materiais que desenvolven a imaxinación do noso alumnado.

Por outra banda, este luns empezamos coa proposta “App da semana” coa que ofrecemos un obradoiro para utilizar unha app interesante cada semana nas tabletas durante os recreos da Biblio.

Pequenos pasos que van abrindo novos espazos.

  • Añadir a la guía de conversación
    • No hay listas de palabras para Inglés -> Español…
    • Crear una nueva lista de palabras…
  • Copiar

Deixa unha resposta

© 2020 Todos os dereitos reservados
Creado por CEIP Escultor Acuña