Neste 2º trimestre comezamos con esta APP sobre a Rede de Parques Naturais de Galicia, formada por: as Fragas do Eume e o Complexo dunar de Corrubedo e lagoas de Carregal e Vixán (A Coruña); o Monte Aloia (Pontevedra); e a Serra da Enciña da Lastra, O Invernadeiro e Baixa Limia – Serra do Xurés (Ourense).
Esta ferramenta está pensada para preparar a visita a estes 6 espazos naturais con antelación, polo que a meirande parte da información está dispoñible sen conexión a Internet. Podedes crear un pasaporte natural para ir selando se visitades algún parque.
Os comentarios están pechados