Día da Paz
Para celebrar o Día Escolar da Non Violencia e a Paz desde a biblioteca propuxemos un concurso de escrita para o alumnado de 4º, 5º e 6º no que o tema central debía destacar os valores olímpicos de respecto, amizade e excelencia. Un bo número de participantes demostraron o seu talento creativo e fixéronnos chegar os seus manuscritos ó longo do mes.
O pasado xoves, durante a celebración escolar no salón de actos fíxose público o resultado do concurso e entregáronse os agasallos ós gañadores. Esta é a relación dos mesmos:
1º premio: Guillermo Lorenzo Sánchez 6º B
2º premio: Paula López Álvarez 5º B
3º premio: Roque Pombal Canabal 4º B
Acesits:
Pedro Fernández Busto 5º B
Mateo Cubas Vilanova 6º B
Desde o equipo de biblioteca agradecemos a numerosa participación e dámoslle a noraboa os premiados.
Deixa unha resposta
Tes que iniciar sesión para publicar comentarios.