Día das Letras Galegas

Hoxe, como cada 17 de maio, celebramos o Día das Letras Galegas, un día para por en valor a nosa lingua e achegarnos a coñecer aos nosos autores. Este ano, a Real Academia Galega quere lembrar a Xela Arias, poeta, tradutora, editora e mestra.
Podedes coñecer mais sobre ela e a nosa lingua nas propostas que se nos ofrecen en
Primavera das letras

Desde a comisión de Dinamización fíxose unha ampla selección do seus textos para traballar nas titorías. Cada unha delas plasmou os fragmentos traballados nunha peza de roupa que logo colgamos no tendal que puxemos no exterior do noso cole para compartir con toda a comunidade educativa, os veciños e calquera persoa que circula pola beirarrúa.

Aquí tedes o resultado do noso traballo.

Deixa unha resposta

© 2020 Todos os dereitos reservados
Creado por CEIP Escultor Acuña