Día das persoas xordas
O domingo 27 de setembro celébrase o Día Internacional das persoas xordas.
Na comunidade educativa do noso centro coñecemos de preto esta realidade e fomentamos o coñecemento da l.s.e. para facilitar a comunicación entre todos. Hoxe vos propomos realizar esta sopa de letras, na que as palabras que debedes atopar teñen relación con actividades do horto escolar e aparecen descritas usando o abecedario dactilolóxico, primeiro elemento para achegarse a l.s.e.
Animádevos a buscar as 8 palabras.
Esperamos as vosas respostas.
Deixa unha resposta
Tes que iniciar sesión para publicar comentarios.