Elas contan moito
Agora que estamos chegando ao final deste estraño curso, queremos lembrar algunhas das actividades que se levaron a cabo.
Empezamos hoxe pola sesión de conta contos “Elas contan moito” que nos fixo o grupo Migallas dentro do programa pola igualdade e contra a violencia de xénero.
Bea Campos acompañada de Manuel Pombal agasallounos con historias como as dunha nena pirata, un elefante rosa,… nun mundo onde todos podemos ser aquelo que queiramos. Unha mañá na que aprendemos moito e desfrutamos máis.
Deixa unha resposta
Tes que iniciar sesión para publicar comentarios.