Encontro con Sabela Gago
Por fin algo de normalidade: en espazos abertos, ventilados, con distancia e máscara estreamos a volta ás actividades de animación lectora presenciais. Nestes días no que os libros son os protagonistas mais que nunca, o alumnado de primeiro e segundo atopouse con Sabela Gago para escoitar e compartir historias fermosas. Grazas por compartir con nós esta mañán, a primeira das moitas que virán de seguro.
Deixa unha resposta
Tes que iniciar sesión para publicar comentarios.