Entroido Olímpico
ENTROIDO OLÍMPICO
Logo dunha semana na que estivemos atendendo ás comandas do Meco, chegou o gran día no que inauguramos os Xogos Olímpicos do Escultor Acuña.
A media mañá comezamos cun gran desfile pola contorna do noso cole acompañados polas familias e veciños. De volta ao centro cada nivel actuou diante das familias e do resto do alumnado. Alí estaban o facho olímpico, os aros olímpicos, o comité, os abandeirados e, por suposto, os deportistas de baloncesto, halterofilia, esgrima, karate, deportes acuáticos, …
A xornada rematou cun baile fin de festa no que participamos todos.
Un día no que desfrutamos olimpicamente.
Deixa unha resposta
Tes que iniciar sesión para publicar comentarios.