Impresión 3D
Dentro do programa Biblioteca creativa, este ano inicíamonos na impresión 3D.
Para achegarnos ao coñecemento e utilidade desta nova ferramenta tivemos unha primeira sesión de formación para os mestres de infantil, 1º e 2º. Nunha intensa tarde, Luis ensinounos a empregar un sinxelo programa para facer os diseños que logo faremos realidade na impresora 3D.
E logo chegou o momento de amosar esta ferramenta ao alumnado de 1º, 2º e infantil. Expectantes e curiosos escoitaron a Luis e empezaron a facer os seus propios deseños que axiña poderán tocar. Agardamos ese momento con moita expectación.
Deixa unha resposta
Tes que iniciar sesión para publicar comentarios.