Obradoiros STEAM
Ao longo deste curso estivemos achegándonos a novas propostas como son os circuítos e-papel e e-téxtiles.
Dentro do PDI “Os nosos contos” o alumnado de 2º e 3º fixo unhas tarxetas luminosas a partir dos contos Pinocho e Imos cazar un oso, que traballaran previamente. Unir a historia con contidos plásticos e técnicos (circuíto eléctrico) para acadar unha fermosa tarxeta.
E o alumnado de 6º aplicou o aprendido sobre os circuítos eléctricos ao deseño dunha pulseira en tea que coseron e decoraron. Un xeito lúdico de achegarse ao deseño de e-téxtiles que lles encantou.
Aquí tedes algunhas imaxes.
Deixa unha resposta
Tes que iniciar sesión para publicar comentarios.