Latest News

Obradoiros STEAM

Ao longo deste curso estivemos achegándonos a novas propostas como son os circuítos e-papel e e-téxtiles. Dentro do PDI “Os nosos contos” o alumnado de 2º e 3º fixo unhas tarxetas luminosas a partir dos contos Pinocho e Imos cazar un oso, que traballaran previamente. Unir a historia

Read More

Concurso de Lingua de Signos Española (LSE)

Queremos compartir con toda a Comunidade Educativa este vídeo realizado polas intérpretes de Lingua de Signos Española (LSE) para participar na VI edición pasada do concurso “Cantamos coas Mans”. Seguro que vos encanta.

Read More

Lembramos… o Nadal

Desta volta compartimos con vós o videoclip “Dulce Navidad”.  Con esta canción pecháramos un festival de Nadal que recuperamos tras a pandemia, cantando tod@s xuntos (alumnado, profesorado, persoal non docente e familias).

Read More

Lembramos… o Día da Paz

Adxuntamos dous vídeos do que foron as dúas xornadas dedicadas ao Día da Paz do pasado 30 de xaneiro: a primeira para estampar un fermoso logo nas nosas camisetas, e a segunda para cantar-signar-bailar a “Danza da Paz” de Mamá Cabra e ler o noso manifesto de Paz

Read More

Lembramos… o 25N

Queremos compartir con vós a celebración que tivemos este curso sobre esta data do 25N, tan importante para reinvindicar a eliminación da violencia contra as mulleres. Quixemos deixar a nosa pegada… Vivan as mans de cores, vivan os xestos con valores, viva a vida de cores!!!

Read More

Aprendemos con CreAPPCuentos

“CreAPPCuentos” é unha APP para crear contos e poder ser protagonista deles. Piratas, princesas, monstros, extraterrestres, superheroes, robots, dinosaurios, porquiños divertidos e moito máis. Anímate a crear o teu propio conto despois dun curso coñecendo tantos. Podes almacenalos nunha biblioteca da propia APP.

Read More