Continuamos coa terceira tempada da Radio Acuña neste mes de decembro que coincide co final de trimestre e de ano.
Neste programa 16 as voces protagonistas son as de Mario, Mara, Pedro e Abril, de 6º de Primaria. Do Samaín do programa anterior saltamos á pasada conmemoración do 25N, na que reinvindicamos un mundo cheo de paz e non violencia para todas as mulleres. Ademais estes fantásticos locutores nos informarán das novidades lectoras, dos próximos obradoiros de Nadal nos recreos, das súas experiencias no cole e moitas máis. Para amenizar todo isto sonarán os estupendos temas elixidos por vós.
E coma sempre, prestade moita atención ao novo reto cara ao final do programa, xa que será clave para poder elixir as cancións do próximo programa.
Agardamos que vos encante!
Os comentarios están pechados