CANTO CONTAS
Este ano puxemos en marcha unha nova iniciativa de fomento da lectura que chamamos Canto contas. No primeiro trimestre os equipos de voluntarios da biblioteca escolleron un conto e organizáronse para contárllelo aos máis pequenos. Os equipos decidiron ampliar a proposta inicial e elaboraron decorados, engadiron vestimenta en algúns casos e terminaron por preparar unha pequena obra de teatro que ofrecen venres alternos durante a hora de ler.
Comezamos con “Daniela pirata”, “No bosque” e “A filla do grúfalo”.
Noraboa aos equipos de voluntarios que colaboran con tanto entusiasmo e iniciativa nas propostas que se fan. Aquí tedes algunhas imaxes.
