Boccia

Xogamos!!! é o título do noso Proxecto Documental Integrado para este curso e xira entorno os deportes e os Xogos Olímpicos. Dentro das actividades programadas para o mesmo, esta mañá visitáronnos un grupo da asociación Apamp para facernos unha demostración de Boccia. A boccia é unha combinación de táctica e habilidade. Pódese xogar de forma individual, por parellas ou por equipos, sobre unha pista rectangular na que os xogadores tratan de lanzar as súas bolas o mais cerca posible dunha branca que serve de obxectivo, ó tempo que intentan separar as dos rivais. Durante a sesión, o alumnado tivo a oportunidade de facer un pequeno circuíto en cadeira de rodas. A continuación fixéronnos unha demostración do xogo e rematamos facendo dous equipos que puxeron en práctica o que nos explicaran. Grazas a Apamp pola súa dispoñibilidade e polo moito que aprendemos con eles. Unha sorte contar con vós.

 


			

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

© 2020 Todos os dereitos reservados
Creado por CEIP Escultor Acuña