Conto ilustrado
Dentro do Plan Proxecta “Nós mesmas” estamos a coñecer mulleres que tiveron un papel importante no desenvolvemento da sociedade en calquera campo: cultural, científico, social, artístico,…Así temos a Ángeles Alvariño, Maruja Mallo, Mª Victoria Moreno, Ernestina Otero e Ángela Ruiz Robles.
O pasado venres pudemos contar coa presenza de Enrique Mauricio, autor dos libros nos que se nos achega a historia destas mulleres e de Tania Solla, a ilustradora de moitos deles, que nos achegaron a figura de Ángela Ruiz Robles, a precursora do libro electrónico.
Compartimos algunhas imaxes nas que se pode apreciar a precioso ilustración coa que nos agasallou Tania mentres Enrique nos contaba a historia. Tamén engadimos o artigo periodístico no que se fai referencia a súa visita ao noso centro.
Deixa unha resposta
Tes que iniciar sesión para publicar comentarios.