Conto ilustrado

Dentro do Plan Proxecta “Nós mesmas” estamos a coñecer mulleres que tiveron un papel importante no desenvolvemento da sociedade en calquera campo: cultural, científico, social, artístico,…Así  temos a Ángeles Alvariño, Maruja Mallo, Mª Victoria Moreno, Ernestina Otero e Ángela Ruiz Robles.

O pasado venres pudemos contar coa presenza de Enrique Mauricio, autor dos libros nos que se nos achega a historia destas mulleres e de Tania Solla, a ilustradora de moitos deles, que nos achegaron a figura de Ángela Ruiz Robles,  a precursora do libro electrónico.

Compartimos algunhas imaxes nas que se pode apreciar a precioso ilustración coa que nos agasallou Tania mentres Enrique  nos contaba a historia. Tamén engadimos o artigo periodístico no que se fai referencia a súa visita ao noso centro.

Deixa unha resposta

© 2020 Todos os dereitos reservados
Creado por CEIP Escultor Acuña