Día do libro

Neste 23 de abril no que celebramos o Día do libro amosámosvos unha das propostas que estamos a levar a cabo. A biblioteca é un espazo aberto, creativo, no que teñen cabida moitas linguaxes, aprendizaxes e actividades.

Este ano quixemos celebrar esta data coa elaboración dun marcapáxinas de tea: cortamos, cosemos coa máquina, reutilizamos as gomas das máscaras e rematamos cosendo a man. Pero tamén quixemos convidar ás familias invitándoas a participar nun obradoiro no que acompañar ao noso alumnado ensinándolles a usala máquina e a pasar todos xuntos unha tarde estupenda.

Moitas grazas a todas as familias que vos a achegástedes para retomar a vida que tanto botamos de menos. Deixámosvos unha pequena reportaxe gráfica.

Feliz Día do libro hoxe e cada día, porque neles atopamos mil e unha aventuras que nos ensinan, nos amplian a mirada, cos que rimos, choramos, lembramos e agardamos.

Deixa unha resposta

© 2020 Todos os dereitos reservados
Creado por CEIP Escultor Acuña