E rematamos este curso…

Chegamos ao final dun curso que comenzou alá no mes de setembro coa inquedanza de adaptar as actividades a protocolos e espazos novos. Pero coa forza, constancia, ilusión, traballo, colaboración e gañas fomos quen de reinventarnos e de crear espazos e momentos de encontro. Así puidemos recoller imaxes do tempo duro do confinamento co que rematamos o curso anterior para deixar mostra dos momentos vividos e dos desexos compartidos nunha exposición gráfica. «Escultores de soños» é a exposición que visitamos a comunidade escolar respectando todas as medidas de seguridade e que agora ocupa o espazo central do noso cole. Esta exposición quere amosar o agradecemento a todos e cada un dos membros desta comunidade por contribuír a facer escola. Moitas grazas familias e gozade do merecido verán.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

© 2020 Todos os dereitos reservados
Creado por CEIP Escultor Acuña