Falando con…

Dentro do itinerario lector de 4º de primaria, o alumnado estivo a ler “O misterio dos fillos de Lúa” de Fina Casalderrey. O pasado mércores, puidemos ter un encontro por videoconferencia con ela no que gozamos coas súas historias, a escoitamos moi atentos e preguntámoslle as nosas dúbidas tanto os pequenos como os adultos que alí estivemos.
Moitas grazas Fina polo teu tempo e por unha mañán tan agarimosa e literaria. Moitos dos que alí estaban andan á procura dos teus libros nas caixas dos empréstitos.

Deixa unha resposta

© 2020 Todos os dereitos reservados
Creado por CEIP Escultor Acuña