Bibliotecas Escolares

O pasado 24 de outubro celebrábase o día internacional das Bibliotecas e no cole quixemos aproveitar a ocasión para presentar a traballo final do proxecto “Arte urbana” sobre o que estivemos a traballar todo o curso pasado e presentar o novo proxecto deste ano.

 

Na entrada do colexio a muralista Eva Casais pintou un mural no que se recolleron as aportacións do alumnado. O mural debería integrar a diversidade do noso cole; as mans da lingua de signos, como lingua que nos identifica e favorece a comunicación entre o alumnado xordo e oínte; a proposta clara por unha inclusión efectiva e a aspiración de levar ó mundo, á rúa e o día a día o que queremos vivir no noso cole.

 

E aquí tedes o resultado. Un faro alumeando un ceo no que están a inclusión (mans entrelazadas) e quérote, en lingua de signos unidas por un arco da vella que continúa na cola dunha nave espacial.

 

Tras unha breve explicación do mural cortouse a cinta inaugural e acendemos o facho que alumea o novo proxecto deste curso, Xogamos!!!! que vai achegarnos aos xogos olímpicos.

Deixa unha resposta

© 2020 Todos os dereitos reservados
Creado por CEIP Escultor Acuña