Inauguramos!!!!

Despois de moitos meses de esforzo, colaboración, traballo en equipo e xenerosidade por parte de todos chegou o gran día no que abrimos as portas da nosa nova biblioteca. Unha biblioteca que quere dar resposta ás inquedanzas de este novo século onde hai unha nova forma de aprender e de pensar; apostando pola inclusión e a equidade de xeito que podamos ofrecer os recursos precisos para que todos e todas teñamos as mesmas oportunidades e froito do traballo de anos dun equipo que apostou por adaptarse aos tempos entendendo que sen pasado non hai presente e sen educación no hai futuro.

Tivemos un soño e agora é tempo de vivilo. Grazas a cantos o fixestes posible.

Deixa unha resposta

© 2020 Todos os dereitos reservados
Creado por CEIP Escultor Acuña