O patio que soñamos 2

Durante este mes de maio a Comisión de Patios reuniuse para analizar as propostas achegadas desde as titorías. Despois de facer un estudo e valoración das mesmas atendendo a criterios de sostenibilidade, seguridade,.. elaboramos unha lista de elementos que queremos poñer en cada un dos nosos patios.

No patio d@s máis pequen@s os elementos que consideramos que son máis relevantes son os seguintes:
1. Xogos pintados no chan.
2. Areeiro.
3. Circuíto de troncos e rodas.
4. Disfraces e escenario.
5. Rocódromo.
6. Bibliopatio.
7. Mesa de xogos.
8. Toallas para sentar.
9. Tizas, encerados e mesas de pintar.
10. Xogos de saltar.

No patio d@s maiores, acordamos que estes serán os elementos que queremos colocar:
1. Xogos de mesa.
2. Xogos pintados no chan e murais.
3. Bancos de descanso.
4. Espazo para debuxar: encerado e caballetes.
5. Bibliopatio.
6. Horto e xardín vertical.
7. Labirinto.
8. Caseta de materiais (carro que sae na hora do patio).
9. Ximkhana.
10. Obradoiro de avións de papel.

Con estes resultados elaboramos unha carta para informar aos órganos directivos da comunidade escolar: Consello Escolar, Equipo directivo, Claustro e ANPA que acompañamos.

Conclusións C. Patios

Temos un montón de familias con ideas e maña para axudar e colaborar con este proxecto. Aquí deixamos a primeira mostra de colaboración de Esteban Araújo, pai de Martín de 6ºEI. Animamos a tod@s a facer colaboracións deste tipo pois serán moi benvidas para conseguir o noso patio soñado. Enviádenolas ao correo da biblio: biblioacunha@gmail.com

CARRO DE MATERIAL QUE SAE AO PATIO

EN VEZ DE TOALLAS, TACOS DE IOGA PARA SENTAR NO CHAN

Deixa unha resposta

© 2020 Todos os dereitos reservados
Creado por CEIP Escultor Acuña