O patio que soñamos

O Proxecto Documental Integrado no que estamos a traballar durante este ano pretende reflexionar sobre a utilidade e reorganización dos espazos de lecer do noso cole. As restriccións que nos impuxo esta pandemia do coronavirus acelerou unha inquedanza que xa estaba nas nosas cabezas. Agora chegou o tempo de aproveitar todos eses espazos doutro xeito. Pero, que nos gusta do que temos?, que cambiariamos?, que nos gustaría ter? por que e para que?… Estas son algunhas das preguntas que nos fixemos a longo destes meses.
Rematado este proceso de reflexión, cada titoría fixo unha proposta do patio que soñan e presentou unha maqueta ou un plano do mesmo. Tamén presentaron un vídeo no que defendían os elementos que conforman a súa proposta.

O día 23 de abril fíxose a exposición pública das maquetas e planos e se presentou a Comisión de patios composta por alumnado, profesorado e pais e nais en representación de todos os membros da nosa comunidade educativa.
Ao longo de este mes de maio, esta Comisión está traballando para valorar os elementos que compoñen as diferentes propostas co fin de elixir aquelas que van a dar forma aos nosos patios.

Deixa unha resposta

© 2020 Todos os dereitos reservados
Creado por CEIP Escultor Acuña