Obradoiro de radio

Na procura de incorporar novos e potentes recursos que axuden ao noso alumnado a desenvolver a súas capacidades iniciamos un obradoiro de radio. O pasado xoves Luis Alonso agasallounos cunha motivadora e enriquecedora tarde na que nos contaxiou o seu entusiasmo e nos amosou o aproveitamento didáctico da radio. Co equipo cedido polo CFR tivemos unha primeira achega a montaxe e uso da mesma.



Este martes foron María e Diego os que nos falaron da súa utilidade e nos invitaron a deseñar e gravar o noso primeiro programa.





E hoxe xa foron os pequenos os primeiros que puideron probar a nosa nova radio. Axiña poderedes achegarvos todos.

Deixa unha resposta

© 2020 Todos os dereitos reservados
Creado por CEIP Escultor Acuña