Manualidades Samaín 2024
Neste Samaín fixemos unhas manualidades terroríficas durante os recreos na biblio! Que ben o pasamos e que chulas quedaron as nosas creacións!
O alumnado de 4º A de Primaria captou a atención do público cun teatro de sombras, ademais de trasnmitirnos a importancia da amizade e os beneficios de ser bo cos demais. Seguro que desfrutades desta gravación.
O alumnado de 4° A de Infantil achégannos a súa inocencia e gracia en forma de conto. Seguro que desfrutades moito das súas voces fortes e claras.
O alumnado de 6° A de Educación Infantil gravounos este “temeroso” conto. E ademais podedes comprobar o artistas que son ao debuxalo enteiro, desde a portada ata a derradeira páxina.
O alumnado de 2º A e B cambiaron “Asterix e Obelix” por un conto en inglés que signaron e interpretaron con materiais móbiles . Quen non sae no vídeo participou na creación de sons de animais e ruídos e na elaboración do material. Tod@s teñen […]