Benvidos!!!
Benvidos!!!. Este é o novo espazo de comunicación da biblioteca do CEIP Escultor Acuña. Un lugar no que atoparedes as actividades que aquí desenvolvemos, as propostas de traballo, as visitas de autores e colaboradores, as últimas novidades chegadas aos nosos andeis, etc.
Tamén podedes acceder ás entradas do anterior blog “O ganapán das palabras” premendo no enlace correspondente na marxe dereita.
A nosa biblioteca é un lugar onde achegarse ó coñecemento, buscar información, gozar de lecturas sorprendentes, aprender facendo, investigar, descubrir novas historias, escoitar, colaborar, … e moitas cousas máis. Esta é a túa casa, un espazo aberto á comunidade educativa e ó mundo.
Deja una respuesta