Radio Acuña 9 (segunda tempada)

Comezamos a segunda tempada da Radio Acuña nunha semana especial na que se celebran o Samaín e o Magosto formando o “San Magostín”.

Nesta nova andadura, as voces protagonistas son de Sofía, Paula, Aroa e Diego, todos eles de 6º.  Falarannos desta semana especial de celebración na que felicitarán aos compis que están de aniversario, nos contarán as novas do cole e moitas outras cousas, acompañado das mellores cancións.

Prestade atención ao novo reto cara o final do programa, xa que será clave para poder enviar as vosas peticións musicais.

Desfrutade desta nova entrega!

 

Deixa unha resposta

© 2020 Todos os dereitos reservados
Creado por CEIP Escultor Acuña