Radioemociónate

Co gallo da celebración do 90 aniversario da chegada da radio a Galicia participamos no proxecto Radioemoción da Asociación Ondiñas. Puidemos achegarnos a historia da radio nestes anos e ver de preto auténticas xoias de transistores.

O alumnado de 4º A participou na gravación dun programa de radio, un magazine, presentado por Amparo Rodríguez na nosa biblioteca co apoio técnico de Nacho. Durante o mesmo entrevistaron a personaxes da vida pública como Marta Fedz-Tapias, Edelmiro Ulloa, o profe Rubén ou o Juan, o noso director, deron conta das noticias, puideron compartir as súas opinións e engadiron as entrevistas feitas as súas familias sobre as lembranzas que teñen de escoitar a radio.

Foi unha xornada intensa na que viviron en primeira persoa a tensión da gravación dun programa, a xestión dos tempos, o control das voces,… Sen dúbida unha experiencia que os invita a seguir coñecendo esta ferramenta de comunicación.

 

Deixa unha resposta

© 2020 Todos os dereitos reservados
Creado por CEIP Escultor Acuña