Voluntariado 3D

Un ano mais e a pesar das limitacións que nos impuso esta pandemia, contamos coa participación de 50 voluntari@s dos niveis de 5º e 6º de primaria para colaborar nas actividades de xestión e dinamización da biblioteca. Unha das súas tarefas foi a de deseñar un chaveiro co logo do centro utilizando o programa Tinkercard para imprimir en 3D. Primeiro un dos equipos adaptou o logo a un deseño mais sinxelo e fixemos as modificacións precisas.

A continuación iniciamos a impresión para todo a alumnado, buscamos os materiais necesarios para rematalos (cordóns e anillas de chaveiro).

Os diferentes equipos remataron os chaveiros e fixeron os lotes para cada titoría.


Finalmente, os voluntarios de 6º que rematan este ano o seu paso polo noso centro, fixeron entrega dos chaveiros ante a sorpresa dos que o recibían. Este é o seu agasallo á comunidade educativa despois dun longo e difícil ano no que o noso alumnado foi sempre valente, respectuoso, coidadoso, traballador e por riba de todo, CAMPIÓN


GRAZAS a tod@s polo voso comportamento durante este ano e a seguir traballando nesta recta final.

Deixa unha resposta

© 2020 Todos os dereitos reservados
Creado por CEIP Escultor Acuña